CRTVG

Buscar

A prisión por golpear a súa exparella cunha barra de ferro

Publicado o 06/04/2021 12:21
A prisión por golpear a súa exparella cunha barra de ferro

Ingresou en prisión un veciño do concello ourensán de Bande acusado de golpear a súa exparella cunha barra de ferro na cabeza. Os feitos ocorreron o día de Xoves Santo. Segundo denunciou a muller, o home, de 42 anos, ameazouna de morte e golpeouna cunha especie de catana que el mesmo fabricara. Fíxolle un corte de cinco centímetros na cabeza, que sangraba abundantemente.

A xuíza considerou que lle puido causar a morte, e impútalle un homicidio en grao de tentativa. Tamén se investiga se seguía vixente a orde de afastamento que lle impuxeran por feitos anteriores.

 

Noticias web

06/04/2021