A prisión o mozo que esnafrara o seu coche na rolda da Muralla
Publicado o 21/10/2019 12:06
Envian a prisión ao mozo lugués que hai dous meses esnafrou o seu coche na rolda da Muralla. O mozo circulaba cuadriplicando a velocidade permitida e alardeou do sucedido nas redes sociais.
O xuíz de garda ordenou o seu ingreso no cárcere despois de que lle roubase, ameazándoo cunha navalla, un reloxo a un rapaz á saída dun pub. Un incidente que se suma ao seu amplo historial policial. Durante as festas do San Froilán tamén fora detido por estar implicado nunha pelexa e por amezas aos axentes que o detiveron.