A principio de outubro comezará a poñerse a terceira dose da vacina nas residencias
Publicado o 16/09/2021 14:04
A partir do 4 de outubro, 22.000 maiores galegos que residen en institucións da terceira idade comezarán a recibir a inoculación dunha dose adicional da vacina contra a covid-19. Unha medida que se ratificará oficialmente esta tarde pola Comisión de Saúde Pública, onde tamén se estudará a posibilidade de compaxinala coa vacina da gripe estacional.