A principal auxiliar de Endesa nas Pontes presenta un ERE para 43 traballadores
Publicado o 02/09/2021 16:22

A dirección da empresa Maessa, pricipal auxiliar da central térmica das Pontes, presentou un ERE que afecta 43 traballadores, operarios encargados dos labores de mantemento. Agora ábrese un período de consultas durante un mes. O comité de empresa di que o obxectivo é que se manteñan os postos de traballo.