A princesa Mako deixa de pertencer á familia imperial nipoa por casar cun plebeo
Publicado o 26/10/2021 21:54

Voda na familia imperial xaponesa. princesa Mako, filla do herdeiro ao trono do Crisantemo, contraeu hoxe martimonio cun antigo compañeiro da universidade. Ao casar cun plebeo, a princesa perdeu a súa condición de membro da familia imperial e pasou a ser unha cidadá máis, como dispoñen as estritas normas da dinastía nipoa. De feito, abandona o país para residir nos Estados Unidos. A princesa tamén tivo que renunciar a unha herdanza de máis dun millón de euros.