CRTVG

Buscar

A princesa Leonor e a intanta Sofía dan as grazas a todos os que loitan contra a pandemia

Publicado o 23/04/2020 21:18

A Casa Real fixo un vídeo da Princesa de Asturias e da Infanta Sofía en que as fillas do rei Filipe VI e da raíña Letizia lembran os nenos que están a sufrir o confinamento, dan as grazas a todas as persoas que están a axudar a loitar contra a pandemia e desexan que este problema pase logo. Na súa mensaxe de agradecemento, difundida nas redes sociais de Casa Real, a Princesa Leonor lembra que cinco millóns de nenos levan máis dun mes na casa sen poderen ir ao colexio por culpa da pandemia. "Tentamos seguir coa vida do mellor modo posible", afirma no vídeo.

A Infanta Sofía sinala que "non fai falta ser maior para darse conta da enorme dificultade que estamos a vivir en España e noutros países". Mentres que a súa irmá Princesa lembra que moitos nenos perderon os seus avós, persoas maiores e familiares e "estano pasando moi mal". Ambas dan as grazas a todas as persoas que están a axudar e coidan aos demais "de tantas maneiras". "Todos sodes importantes. Grazas. Mandámosvos un abrazo con todo agarimo", prosegue a Princesa Leonor mentres a Infanta desexa que "oxalá todo isto pase logo".

Noticias web

23/04/2020