CRTVG

Buscar

A primeira vaga de calor deste verán deixa temperaturas de máis de 40 graos en varios puntos de España

Publicado o 09/07/2021 21:02

A primeira vaga de calor deste verán está deixando temperaturas por riba dos 40 graos nalgunhas comunidades de España. Pouca xente en Sevilla hoxe coas temperaturas en ascenso con vistas á fin de semana, especialmente na conca do Guadalquivir, onde os termómetros poden acadar os 44 graos. Situación similar nalgúns puntos de Castela-A Mancha onde a repunta térmica e progresiva tamén vai facer difícil aguantar as horas centrais do día. As noites tamén van ser calorosas con temperaturas que poden superar os 20 graos.
 

Noticias web

09/07/2021