CRTVG

Buscar

Festas a esgalla na primeira fin de semana de agosto en moitas vilas galegas

Publicado o 03/08/2019 10:22

• Ao redor de 900 festas espállanse por toda Galicia en agosto

• Mondoñedo abre o seu Mercado Medieval 

Esta primeira fin de semana témolas gastronómicas, tradicionais, históricas ou relixiosas. Imposible falar de todas.

Milleiros de fieis acompañan este domingo ao Cristo da Victoria en Vigo

Comezan na Coruña as festas de María Pita, con música libros e artesanía

Festas patronais por toda a provincia de Lugo nesta fin de semana de agosto

Máis de 2.000 farois van iluminar Celanova na festa dos farois

Pero nesta fin de semana hai outras moitas: comezamos a carón do Arnoia e do Ulla. O pemento é un dos protagonistas da fin de semana nesta dúas localidades.

Grande, verde brillante e carnoso, así é o pemento de Arnoia amparado pola Indicación Xeográfica Protexida. 3.200 quilos deste manxar serviranse durante a fin de semana nunha festa que fai 40 anos.

E mentres, a carón do Ulla, outro tipo de pemento, o de Herbón. Uns pican e outros non, pero esa é parte da graza e da festa que se celebra este sábado na carballeria do convento de Herbón. Unha festa declarada de Interese Turístico.

Canda o pemento, o percebe facéndolle a competencia. No porto de Cedeira cociñarase este manxar que poderemos degustar a 13 euros a ración. Prepararanse unhas 1.500 de percebe, que é produto estrela, pero tamén nos tentarán con outros mariscos.
 

Sábado 4 de agosto, XII Festa do Percebe de Aguiño

E noutro punto da costa, en Aguiño, levan desde o ano 87 celebrando tamén a festa do percebe como homenaxe aos percebeiros. Este ano tentarán repartir ao redor dunha tonelada de marisco.

Desta volta podemos maridar pementos e mariscos con viño e troula. Milleiros de persoas participan en Cambados da Festa do Albariño. Pero inda quedan dúas xornadas nas que, ademais de viño, se agardan concertos como o de Luz Casal, Mala Rodríguez ou Siniestro Total.

Pero o primeiro domingo de agosto é tamén o día no que desembarcan os viquingos en Catoira. Declarada de Interese Turístico Internacional, volverá a producirse a batalla contra os invasores ao pé das torres do Oeste. Festa e catarse enchoupada en viño.

Continuamos pola costa seguindo a música. A música que soa xa no SonRías, en Bueu. Tres días, 2 escenarios e vinte grupos ou artistas completan o programa deste ano. Ao redor de 22.000 persoas a ritmo de rock, punk, hip hop ou dub. Os Dakidarría pechan o cartel na madrugada do domingo.

Dedicados a preservar e difundir a música e a cultura galega, levan xa 40 anos Pardiñas. Artesanía, exposicións, espazos para poesía ou feira de libros, son só algunhas das actividade que acompañan o festival. Este ano 'cantarán os 40' artistas galegos que son parte da súa historia.

 

Noticias web

03/08/2019