CRTVG

Buscar

A primavera finaliza co prognóstico dun verán máis cálido

Publicado o 20/06/2019 16:34

A temperatura media en Galicia estivo 0,7 graos por riba do valor habitual en marzo, abril e maio. E o balance da primavera que fixoAEMET, segundo o cal foi un trimestre moi cálido, lixeiramente máis seco do normal e de grandes contrastes. En Galicia houbo vagas de calor e neve en zonas altas.
Xuño ten o seu balance á parte por inusual. Ademais da borrasca Miguel, que trouxo moita chuvia e vento, está a ser un mes máis frío que outros anos.
Estes días, por exemplo, neste mapa as temperaturas eran bastante mellores en Islandia que aquí en Galicia.
En canto ao verán que empeza mañá pola tarde, a previsión de AEMET é que vai ser cálido e sen valores anormais no que a chuvias se refire. Os datos constantan que os veráns están a ser cada vez máis longos. Empezan en xuño, duran ata outubro, e medran decada a década. "Adiántase case 5,75 días na Coruña, 6,68 en Vigo e 9,57 días en Ourense.
Alongouse máis cara ao outono que na primavera, pero comeu partes das dúas estacións. É unha tendencia relacionada loxicamente co cambio climático", di Francisco Infante, Delegado de Aemet en Galicia.

Na Coruña hai agora 15 ou 16 días máis de tempo de verán que en 1980, en Vigo 18 ou 19 e en Ourense 27 ou 28.
 

Noticias web

20/06/2019