CRTVG

Buscar

A primavera despídese con chuvia e vento en toda Galicia

Publicado o 20/06/2021 16:15

Este último día da primavera está a ser gris e chuvioso en toda Galicia. Esta mañá choveu, por momentos, de xeito intenso en boa parte da comunidade.

En Boiro rexistráronse 32 litros por metros cadrado e en Tui 24,4. A imaxe en Santiago era a de peregrinos, turistas e veciños paraugas en man.

Estampas máis propias do outono, pero que a mediados de semana poderían volver cambiar.

 

Noticias web

20/06/2021