CRTVG

Buscar

A presión nos hospitais de Portugal xa supera a da primeira vaga da pandemia

Publicado o 11/11/2020 15:32

Os casos aumentan en Europa e Portugal non queda alleo. A presión na sanidade xa é maior que na primeira vaga.

Os traballadores do sector comezan a denunciar os primeiros signos de saturación e o Goberno recoñece que non esperaba tantos infectados.

O primeiro ministro, António Costa, recoñeceu nunha entrevista en televisión que están sorprendidos co impacto desta segunda onda, que ten en xaque varios hospitais do país.

Un deles é o de Penafiel, a media hora do Porto. O persoal do centro denunciou que 14 enfermos de covid estiveron fóra esperando a que os trasladaran a outro hospital por falta de espazo, pero ningún da volta os podía acoller.

No xardín interior teñen tendas medicalizadas, pero din os sanitarios que levan esperando a que se habiliten dende hai unha semana.

E hai máis, o hospital Santa Maria de Lisboa, o máis grande e importante do país, xa ten máis ocupación que en maio.

Di o xerente que, se o ritmo de contaxios non baixa nos vindeiros días, o hospital entrará en situación de colapso absoluto.

Noticias web

11/11/2020