A presión hospitalaria segue á alza en Galicia pero continúan baixando os contaxios
• Os contaxios diarios descenden ata os 566 e as infeccións activas baixas a 13.495 (-560)
• Hai 337 hospitalizados tras sumar 14 ingresos

EFE
A presión hospitalaria pola covid-19 volveu a repuntar en Galicia, tanto en planta convencional, onde son 274 os pacientes, doce máis que no reconto previo; como nas unidades de críticos, con 63 enfermos, que supoñen 2 máis. Son 337 en total os ingresados nos hospitais tras contraer o virus, que supoñen catorce máis.
Os contaxios diarios pasaron de 654 a 566 (-88), nun fin de semana festivo no que as autoridades sanitarias instarona extremar as medidas de seguridade pola pandemia. O número de persoas con infección activa segue tamén descendendo, con 560 casos menos, ata situarse en 13.495.Desde o inicio da epidemia en Galicia contaxiáronse 171.014 cidadáns e recuperáronse 155.033, deles 1.124 na última xornada.
A cifra de falecidos ascende a 2.516, tras as dúas mortes comunicadas nas últimas horas.Por áreas sanitarias, o descenso de casos é xeneralizado, coa excepción da zona de Ferrol, que pasou de 918 casos a 938, vinte máis. En Pontevedra son 115 menos, computando 1.417; mentres que na de Santiago hai 117 casos menos, ata os 1.322.Na área sanitaria de Vigo caen 85 (a cifra queda en 3.294); na de Ourense a 64 (832); na de Lugo de 114 (1.361); e na da Coruña de 85 (4.331).
A cifra de PCR realizadas na comunidade ascende a 2.666.947, das que 5.298, por 6.033 anteriores, corresponden ao último día computado.