CRTVG

Buscar

A presión hospitalaria redúcese en Galicia a 110 pacientes ingresados

Publicado o 18/05/2020 11:42

• Máis de 9.200 persoas superaron o coronavirus desde o comezo da pandemia

• Un total de 607 persoas faleceron; a día de hoxe hai 1.171 contaxios activos

A presión hospitalaria redúcese en Galicia a 110 pacientes ingresados

A última actualización dos datos sobre a incidencia do coronavirus en Galicia reflicten un descenso de 28 casos no rexistro dos contaxios activos, que a día de hoxe son 1.171.

Hai un morto máis ca onte, co número total de falecidos en 607.

Por áreas sanitarias, a distribución dos enfermos é a seguinte:

• Vigo: 339 (-13).

• A Coruña: 276 (-1).

• Ourense: 207 (-2).

• Santiago: 182 (-5).

• Lugo: 75 (-2).

• Pontevedra: 57 (-5).

• Ferrol: 35 (=).

Do total de pacientes positivos, 17 (-1) permanecen en UCI, 93 (-1) están en unidades de hospitalización e 1.061 (-26) no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.204 (+49) persoas curadas.

O número de PCR realizadas é de 126.758, 926 na xornada do domingo.

Nas residencias apenas hai variacións respecto do día anterior. Continúa habendo 164 usuarios enfermos, os mesmos que 24 horas antes, e seis traballadores menos contaxiados, ata un total de 116. 

O único falecido na xornada de onte non era usuario de residencias, polo que a cifra de decesos de usuarios deses centros matense en 270.