A presión de Facenda eleva en 7.500 os alugueiros declarados nun ano
Publicado o 29/07/2019 10:50
A presión de Facenda eleva en 7.500 os alugueiros declarados nun ano. A cifra de contribuíntes que tributan polos ingresos obtidos polo arrendamento de pisos e locais bate marcas cun total de 159.000 e o diñeiro declarado achégase aos mil millóns.
Os alugueiros en negro empezan a ser unha especie en vías de extinción en Galicia e os datos inclúen pisos turísticos, tradicionais ou locais comerciais.