A presión asistencial, os casos activos e os contaxios seguen baixando
• O Sergas notificou seis falecementos por mor da covid−19
• Diminúen os novos casos detectados por PCR (-37)
Os casos activos seguen baixando e rozan o pico da primeira vaga. En total, hai 5.556 persoas con coronavirus en Galicia, 292 menos que a xornada anterior.
Canto ás PCR, estas tamén diminúen (-37). Foron detectadas 158 probas positivas.
Pola súa parte, os casos novos detectados por PDIA tamén diminúen (-18), cunha cifra de 102.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 820 (-38)
A Coruña: 1.400 (-57)
Pontevedra: 327 (-31)
Santiago: 1.020 (-27)
Ourense: 557 (-29)
Lugo: 1.140 (-81)
Ferrol: 292 (-29)
A presión asistencial segue descendendo, con 46 persoas hospitalizadas en UCI (-2) e 144 en planta (-9). Porén, o Sergas notificou o falecemento de seis persoas con coronavirus, que alza a cantidade de decesos aos 2.590 desde o inicio da pandemia.