CRTVG

Buscar

A presión asistencial baixa: 152 persoas están ingresadas con covid

Publicado o 10/09/2021 10:21

• Os casos activos son 4.386 e seguen baixando (-407)

A quinta onda remite: Galicia e España baixan a risco medio

 

A presión asistencial baixa: 152 persoas están ingresadas con covid

Os casos activos seguen descendendo (-407). En total, hai 4.386 persoas con coronavirus en Galicia.

En canto ás PCR positivas, estas tamén diminúen (-27). Foron detectados 148 novos casos por PCR.

Por PDIA, por outra banda, foron detectados 90 casos novos.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 636 (-66)

A Coruña: 1.151 (-74)

Pontevedra: 263 (-38)

Santiago: 773 (-100)

Ourense: 479 (-33)

Lugo: 880 (-70)

Ferrol: 204 (-26)

A presión asistencial experimenta unha importante baixada (-8). Hai 43 persoas hospitalizadas en UCI (=) e 109 en planta (-8). Porén, o Sergas notificou tres falecementos por mor da covid−19, e chégase a 2.598 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos