CRTVG

Buscar

A presidenta do Senado anula a votación que aprobou a baixada do IVE aos salóns de peiteado

Publicado o 25/06/2021 20:45
A presidenta do Senado anula a votación que aprobou a baixada do IVE aos salóns de peiteado

A presidenta do Senado anula a votación que aprobou a baixada do IVE aos salóns de peiteado. O texto en cuestión fora froito dun acordo entre todos os grupos da oposición e contou co voto en contra dos socialistas.

O Goberno presentou unha reclamación alegando que os grupos aproveitaran a tramitación dunha lei coa que a emenda non gardaba relación. Pilar Llop dá por bo ese argumento e anula o acordo, co que non seguirá o seu trámite no Congreso.

É a primeira vez na lexislatura que se anula o resultado dunha votación parlamentaria.

Noticias web

25/06/2021