A presenza da gaivota patiamarela en Galicia reduciuse nun 70 % nos últimos dez anos
Publicado o 29/09/2021 15:15
Un descenso tan acusado que a estimación é que a poboación de gaivota patiamarela en Galicia se reduciu nun 70% nos últimos dez anos. O equipo do CEIDA realizou o primeiro censo destas aves no ano 2019, na contorna do golfo ártabro.
Na primavera deste ano levouse a cabo un segundo estudo na costa occidental da Coruña, sobre todo nas Illas Sisargas. Alí contabilizáronse menos de 3.000 parellas, cando nos anos 90 chegaron a acadarse as 13.000.
Ao longo do ano poden observarse en Galicia máis de dez especies de gaivotas. Pero a principal especie reprodutora, a que aniña aquí, é esta, a gaivota patiamarela.