CRTVG

Buscar

Os delitos graves contra menores prescribirán cando a vítima faga 35 anos

Publicado o 15/04/2021 08:45
Os delitos graves contra menores prescribirán cando a vítima faga 35 anos

O Congreso aprobará hoxe a lei de protección á infancia fronte á violencia, a norma que amplía o prazo para a prescrición de delitos graves contra menores.

Este limiar cumprirase cando a vítima faga 35 anos. Evitarase así que moitos casos queden impunes, xa que as denuncias se realizan cando os menores danados son xa adultos.

A lei, ademais, amplía a definición de violencia, persegue delitos na rede, impulsa a formación para xuíces e fiscais e crea unidades especializadas nas forzas e corpos de seguridade.

Noticias web

15/04/2021