CRTVG

Buscar

A Premier estuda parar a competición para controlar a pandemia

Publicado o 30/12/2020 21:55

Máis problemas relacionados coa pandemia e as competicións deportivas. Na liga inglesa, suspendidos dous partidos o Tottenham-Fulham e o Everton-Manchester Citiy tamén por gromos de coronavirus.

A Premier, que nos últimos test tivo un récord negativo de 18 positivos, está estudando se parar durante dúas semanas para controlar a pandemia, que segue causando efectos no fútbol e que no Reino Unido se agravou nas últimas semanas despois da aparición da nova cepa máis contaxiosa.


 

Noticias web

30/12/2020