CRTVG

Buscar

A praia de Samil prepárase para parcelar o areal en cuadrículas

Publicado o 16/07/2021 13:09

Primeiras xornadas solleiras de xullo e primeiros cheos nas praias das Rías Baixas. Algúns usuarios botan en falta o sistema de cuadrículas dos areais urbanos vigueses que se instalou en 2020.

Todo está preparado para que 200 cintas en Samil e 100 no Vao volvan delimitar un circuíto de paso e zonas de toalla para dar cabida a unhas 15.000 persoas, a razón de seis por parcela. Segundo o concello vigués, agora si que chegou o verán, e a despregadura será inmediata.

No entanto, a quinta vaga segue medrando na área sanitaria de Vigo, onde as hospitalizacións xa son 17 e se mantén un ingreso en UCI. Os contaxios sumaron 269 positivos máis nas últimas horas e xa son máis de 1.800 os casos activos.

Noticias web

16/07/2021