A praia de Carnota, un lugar para gozar sen aglomeracións
Galicia ofrece moitas posibilidades para gozar do verán lonxe das aglomeracións. Un bo exemplo é a praia de Carnota, un espazo natural de gran beleza e interese ambiental.
É unha das máis longas de Galicia, con 7 quilómetros. Un areal no que, ao ser tan extenso, as medidas de distanciamento son moi fáciles de gardar. Unha praia que gusta e que mesmo unha revista alemá inclúe entre as 100 mellores praias do mundo.
Un espazo cunha gran riqueza e variedade de ecosistemas. Todo isto forma parte da praia de Carnota, un lugar onde gozar do verán sen aglomeracións.
A praia conta cada verán con visitantes incondicionais. Este ano, polo coronavirus, hai máis persoas na praia. Xente que busca un espazo que lle permita manter as distancias.
Durante a fin de semana tiveron que pechar algún acceso por saturación de coches, pero hai moitos máis camiños para ir a esta praia.