CRTVG

Buscar

As Catedrais: un dos lugares máis visitados de Galicia e máis compartido nas redes sociais

Publicado o 05/09/2021 20:27

A marea marca o momento de baixar á praia das catedrais, un dos monumentos naturais máis visitados de Galicia.

As visitas están limitadas a 4.812 persoas cada día, pare evitar saturar o lugar.

Unha vez na praia, inevitable admirar as rochas e as súas formas.

Trátase dun dos lugares máis compartidos nas redes sociais.

En dous meses de verán compartíronse máis de 43 mil imaxes da praia das catedrais en Instagram. En directo é aínda máis sorprendente.

Noticias web

05/09/2021