CRTVG

Buscar

A praia da Cova, no Saviñao, é unha alternativa para os amantes do turismo de interior

Publicado o 15/08/2021 14:47

Carece de ondas, pero compensa co entorno. A praia da Cova, no Saviñao, ten o preciso para gozar dun día de verán.

Moi próxima ao cabo do mundo, onde o río volta sobre si mesmo, a praia conta con aparcamento e un semáforo que regula o acceso. Os amantes da auga teñen aquí a súa cita.

O Miño alivia a calor nesta Ribeira Sacra de viñedos e vexetación autóctona. Un lugar ideal para contrarrestar a calor.

Cita obrigada para o turismo e todos os que queiran gozar da auga, pero sen ir ao mar.

Noticias web

15/08/2021