CRTVG

Buscar

A poxa dun retrato de Botticelli alcanza os 92 millóns de dólares e súmase ás grandes vendas de arte

Publicado o 01/02/2021 21:52

Vemos Home novo sostendo un medallón e vemos home con luvas sostendo 92 millóns de dólares.

Foron só 4 minutos de poxa en Nova York. O prezo de martelo, 80 millóns de dólares. Con gastos e comisións, chegouse a eses 92 millóns para este retrato de Botticelli con máis de cinco séculos. Vendeuse catro veces nos últimos 200 anos. É unha incógnita a identidade do retratado, un florentino de porte acomodado. Entre outras cores, o azul ultramar, máis caro ca o ouro, empregou o artista renacentista.

E máis do Renacemento. Vemos homes con luvas abrindo 450 millóns de dólares. Salvator Mundi, de Leonardo Da Vinci, converteuse no cadro máis caro da historia logo de 20 minutos de poxa en 2017.

Picasso. As mulleres de Alxer (Versión 0). Ano 2015. A tensión dos millóns flotando no ambiente da poxa. Acabou quedando en 180 millóns de dólares.

Modigliani. O espido deitado. Poxas en 2015 e 2018. Ambas as dúas veces supera os 150 millóns de dólares.

Cifra que case alcanzan en 2013 os Tres estudos de Lucian Freud de Bacon.

120 millóns para unha das versións de O Grito en 2012. E por aí andan obras de Monet, Basquiat, outro Picasso e Warhol.

Se miramos máis aló das poxas, vemos home e muller con luvas carrexando máis de 200 millóns dun Gauguin, e pouco menos de 200 dunha partida de Cézanne.

Pódese contemplar a arte e pódese mirar o espectáculos dos cartos. Pódese contemplar Venecia e descubrir de súpeto un Banksy. E pensar no seu valor ou pensar no seu prezo.

Noticias web

01/02/2021