CRTVG

Buscar

A posición de Valls reforza as presións para que C's se absteña na investidura de Sánchez

Publicado o 20/06/2019 08:33

En Ciudadanos manteñen unha batalla encarnizada co que fóra o seu candidato á alcaldía de Barcelona. Manuel Valls acusou as de Rivera de converterse nun partido sectario e de pactar "cunha formación reaccionaria e antieuropea como Vox". Arrimadas afirmou que Valls "fixo alcaldesa a unha das persoas máis sectarias e populistas de España".

O ex-viceprimeiro ministro francés tardou dous días en responder á ruptura con Ciudadanos e fíxoo con dureza: "Ciudadanos converteuse no partido que agora pacta de feito cunha formación iliberal, reaccionaria e antieuropea. Non vale agocharse detrás do Partido Popular", dixo. Despois, acusou a Ciudadanos de carecer de estratexia, de estar instalado no "canto peor mellor", e de abandonar por iso a súa razón de ser que é, segundo él, defender o constitucionalismo en Cataluña.

"Non vou recibir leccións daqueles que fixeron alcaldesa de Barcelona a unha das persoas máis sectarias e populistas que temos en España", retrucou Inés Arrimadas, e volveu facer referencia ao lazo marelo que Ada Colau colgou do balcón do concello, unha decisión que Valls tamén considera impropia pero que -dixo- "non invalida a decisión de votala".

Tamén onte fixo declaracións o ex-ministro socialista Celestino Corbacho, que votou con Valls parta facer a Colau alcaldesa e agora vaise con Ciudadanos como independente.

"Comuniqueille a C's que eu ía votar isto, e evidentemente que entendía tamén que eles puidesen votar dun xeito diferente porque eles están sometidos como é lóxico a unha disciplina de partido. Eles entenderon a miña posición e unha vez que acabamos a votación, os tres concelleiros de C's, e eu memso, pois fomos tomar un café", explicou.

Para Valls, Ciudadanos está entregando Cataluña para obter vantaxe no resto de España. A posición do ex-primeiro ministro francñes reforza as presións que recibe o partido de Albert Rivera para apoiar a investidura de Sánchez, que moitos analistas relacionan co eixe Sánchez-Macron para que España e Francia sexan o novo tándem de poder na Europa posterior a Merkel.

Noticias web

20/06/2019