A posible visita do papa Francisco levanta grandes expectativas en Santiago
Na primeira entrevista que concede tras a súa intervención cirúrxica, o papa Franscisco fala da posible visita a Santiago. Explica que a súa prioridade son os países pequenos ou as localizacións emblemáticas, entre as que sitúa o destino final do Camiño de Europa.
Dende o Goberno galego din que é unha boa nova que o Papa deixe a porta aberta á invitación que o presidente da Xunta lle trasladou en xuño durante a visita ao Vaticano.
Hostaleiros e comerciantes comparten a sensación de que a visita suporía un pulo na ampliación do Ano Xacobeo. E entre os peregrinos, a chegada de Francisco sería o gran atractivo do próximo ano.
En 2010 Bieito XVI reunía 7.000 persoas na súa visita ao Obradoiro, pero foi Xoán Pablo II en 1982 o único Papa que ata agora viaxou a Santiago en Ano Santo.