CRTVG

Buscar

A ponte volve situar Portugal como destino de vacacións para os galegos

Publicado o 08/10/2021 16:32

Un café na ribeira do Porto, un paseo monumental por Braga, xantar na Fortaleza de Valença ou mesmo un paseo en barco polo Douro. Son todas actividades ben coñecidas polos galegos, que esta ponte repetirán. Portugal recupera a pulso turístico e é algo que se nota xa dende hai días, como conta o responsable dunha cadea de hoteis galegos.

Os principais hoteis teñen o cartel de cheo para esta fin de semana. Algo que tardou ano e medio en regresar, grazas a que case o 90 por cento dos portugueses teñen a pauta completa. O turismo do outro lado da fronteira en pontes coma esta pode chegar a ser superior ao 75 % do total de visitantes.

Ao fin das restricións en Portugal hai que engadirlle as temperaturas tan agradables que haberá esta fin de semana no norte, que garantirán outra visita perfecta aos nosos veciños.

 

Noticias web

08/10/2021