CRTVG

Buscar

A ponte enche os hoteis de Vigo e dispara os prezos das últimas prazas

Publicado o 13/08/2021 13:59

Un clima que permite pasear ás cinco da tarde, durmir a perna solta, as illas Cíes, e un turismo menos masificado e seguro é o que valoran os turistas que enchen estes días os hoteis de Vigo.

Isto fixo que os hoteis de Vigo penduren o cartel de completo mesmo competindo coas novas formas de viaxar en alugueiro turístico ou autocaravan. Os que se achegaron estes días están a gozar ademais de días de praia, aínda que valoran outras cousas.

O boom da cidade como reclamo en tempo deNadal e a desestacionalización do turismo fan de Vigo unha sorpresa para moitos dos que nos visitan.

Noticias web

13/08/2021