A Policía Nacional e as empresas de seguridade privadas buscan mellorar a cooperación
Policía Nacional e empresas de seguridade privada buscan mellorar a cooperación entre eles en beneficio da seguridade cidadá. Asistimos a unha charla formativa sobre este asunto que reúne hoxe en Santiago membros das forzas de seguridade estatais con detectives privados e vixilantes de seguridade.
240.000 persoas traballan en España na seguridade privada, un sector imprescindible na sociedade segundo recoñece a Policía Nacional. Con todo, a comunicación entre os corpos de seguridade públicos e privados non é todo o fluída que debera, o que repercute na eficacia do seu traballo.
A esa cooperación fixo referencia o comisario de Santiago na xornada que se celebra hoxe na cidade. Félix García citou como exemplo a detención dunha banda que operaba no polígono do Tambre, posible grazas á colaboración público-privada. No encontro tivo tamén protagonismo especial a instrución do Ministerio do Interior sobre como actuar ante un atentado terrorista.
Por último, na xornada abordouse a seguridade no Camiño de Santiago e na propia cidade durante a maior afluencia de visitantes, cando se desprega un dispositivo de 350 policías nacionais diarios.