CRTVG

Buscar

O sumario revela que se abriron dilixencias contra 13 persoas polo crime de Samuel

Publicado o 13/08/2021 12:26

A Policía Nacional mantén a investigación aberta polo caso de Samuel Luiz, o mozo que faleceu tras unha malleira na madrugada do 3 de xullo no paseo marítimo coruñés, e centra o seu traballo "en todas as probas testificais" e tamén no envorco de datos obtidos de medios como redes sociais.

Así o ratificou este venres o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a preguntas dos xornalistas, coincidindo cun acto en Santiago de Compostela. Respecto de posibles novas detencións, Miñones insistiu en que a investigación non se pechará ata que se teñan "todos os presuntos autores postos ante a xustiza, que é o obxectivo". Por iso, dixo que, "loxicamente", se poden producir "máis detencións". Con todo, apelou a "deixar traballar con calma" a policía para que poidan "pechar o caso".

En canto ás probas de ADN pendentes e o envorco de datos extraídos, entre outros, de redes sociais, manifestou que se trata dunha "investigación bastante ardua", pero que, de acordo cos prazos fixados polos investigadores, "ao longo do mes de agosto e primeiras semanas de setembro" esperan poder ter esa información.

Como xa trasladaron no seu momento os responsables policiais, e, segundo transcendeu tamén do sumario publicado en varios medios de comunicación.

A autopsia ratificou tamén que a vítima recibiu múltiples golpes, nunha agresión en que, inicialmente, segundo recolle o sumario e sostén a policía, participaron dous dos primeiros detidos e aos que logo se sumaron outras persoas. Por estes feitos, están en prisión provisional tres adultos:

Diego Montaña Marzoa, ten 26 anos e foi identificado por todas as testemuñas como o autor principal da malleira que acabou coa vida de Samuel e así o corroboran as probas de ADN analizadas

Alejandro Freire García, de 21 anos, e alcumado "Yumba" foi o que presuntamente lle fixo un mataleón a Samuel e escondeu a botella coa que se golpeu.

Kaio Amaral Silva, está acusado ademais de coller o móbil de Samuel e intentar vendelo. El mantén que non sabía que era o teléfono de Samuel e cando se enterou tirouno por medo. 

"Ensineillo e el díxome, douche 100 euros agora. Eu díxenlle que non porque non sabía de quen era e non vaia a ser do rapaz, díxenlle. (xuíza) e mire porque logo o tirou? Porque estaba moi asustado, sabía que era do rapaz e estaba moi asustado tampouco quería ter o móbil dun falecido"

Katie,de 19 anos e moza de Diego, Detida nun primeiro momento , agora está en liberdade provisional con medidas cautelares. A Policía considéraa encubridora do crime. e a Fiscalía mantén que hai indicios para estimala responsable dun delito de asasinato aínda que non consta que colpera a vítima, segundo se recolle no auto.

Ademais, deles, hai dous menores que tamén permanecen ingresados nun centro especializado pola súa implicación no crime. no estenso sumario tamén se sinala que se abriron dilixencia sobre outras 13 persoas polo que coa investigación aínda aberta non se descartan máis detencións.

Segundo os responsables da investigación nunhas semanas terase xa o resultado de probas que aínda se están a analizar. como os martelos e a navalla que apareceron na casa dun dos menors implicados . A autopisa revela que Samuel presentaba diversos golpes na cabeza. A investigación sinalada que foi agredido cunha botella e con outro obxecto metálico

Séguese a facer a ademais o volcado de todo o contido dos teléfonos móbiles dos implicados no crime pero quedancuestións por resolver. Onde está a camiseta que levaba Samuel a noite que se produciu a agresión mortal.

 

 

Noticias web

13/08/2021