A policía suíza fai un baile para animar a poboación na loita contra a covid
Publicado o 25/01/2021 23:39

E nestes tempos en que todos estamos de peor humor, un vídeo da policía suíza tenta concienciarnos de que a pandemia tamén se pode combater con alegría.
O persoal da comisaría de Zug escolleu unha canción surafricana con moito ritmo e armou unha coreografía baixo a neve, nas oficinas, nos coches patrulla.
Todo para levantar a moral do país. O vídeo publicouse o 13 de xaneiro e acumula xa millóns de visitas.