CRTVG

Buscar

A policía sorprende adultos e menores nunha festa nun polígono da Coruña

Publicado o 01/01/2021 14:59
A policía sorprende adultos e menores nunha festa nun polígono da Coruña

A Policía Nacional interveu esta Noitevella, ás catro da madrugada, unha festa nun polígono industrial da Coruña con presenza dunha vintena de persoas, menores de idade incluídos.

Tras proceder á preceptiva identificación dos asistentes, o sucedido foi informado para propoñerse unha sanción, sinala un comunicado remitido á prensa.

A Policía Nacional e a Garda Civil despregaron o pasado xoves en Galicia, día de Fin de Ano, un total de 667 dispositivos de seguridade para controlar o cumprimento das restricións imperantes e efectuaron 186 propostas de sanción, tal e como informou a Delegación do Goberno.

Os controis centráronse en vixiar o acatamento das medidas decretadas pola Xunta para facer fronte á propagación da covid-19.