CRTVG

Buscar

A policía sorprende 14 persoas que celebraban unha festa nun bar

Publicado o 10/12/2020 16:28

En Lugo, a policía sorprendeu 14 persoas celebrando un aniversario nun local de hostalería. Foi nun dos controis rutinarios da Policía Local para comprobar que se cumpren as medidas anticovid, cando descubriron estas 14 persoas dentro do establecemento. Un número que superaba, e moito, os catro permitidos dentro do local. Estaban sen máscara e fóra do horario de apertura.

Por se isto fose pouco, ao parecer, o propietario do establecemento instaba os asistentes a que non se idenficasen, dificultando o labor policial. Por este motivo foi denunciado por falta de respecto á autoridade. Todos eles enfróntanse a multas que van dende os 600 aos 30.000 euros.

 

Noticias web

10/12/2020