CRTVG

Buscar

A policía refórzase para vixiar as xuntanzas nos concellos de maior risco

Publicado o 30/07/2021 15:35

A policía prepárase para unha fin de semana de verán con limitacións de nivel alto nas 7 cidades e máximo nos epicentros turísticos da costa. A prioridade: controlar as reunións de non conviventes, un dos focos principais de transmisión desta quinta vaga.

Polo día, a normativa establece que as reunións de non conviventes teñan un máximo de 6 persoas no interior e de 10 no exterior. De madrugada quedan prohibidas este tipo de xuntanzas, a partir da unha nos concellos con maiores restricións e das tres no resto.

Malia que se están a tramitar sancións, din os axentes que en xeral a xente coñece e respecta estas limitacións, postas en marcha hai unha semana co aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Agardan que co esforzo e a responsabilidade de todos estas medidas logren conter o avance do virus na nosa comunidade.




 

Noticias web

30/07/2021