A policía portuguesa revela a localización dos seus radares nas próximas semanas
Publicado o 03/09/2021 16:29
A policía portuguesa desvela o día, a hora e onde estarán os seus radares móbiles nas vindeiras semanas. Colocarán unha vintena no norte do país, por onde máis circulan os galegos.
Por exemplo quen vaia pasar a fin de semana á zona do Porto debe lembrar que o luns ao mediodía haberá un radar na estrada da circunvalación da cidade. A maioría destes radares adoitan estar un par de horas e sobre todo nos accesos ao centro da cidade. Nas autovías e autoestradas nesta campaña en principio non colocarán ningún pero si os hai fixos, convenientemente sinalizados.