A policía nota unha relaxación no cumprimento das medidas de seguridade
Publicado o 29/07/2020 15:27
Non podemos deixar de insistir en que evitar a repunta de casos é cousa de todos.
A policía advirte de que nas últimas semanas se está notando unha relaxación no cumprimento das medidas de seguridade.
Temos ganas de festas e xuntanzas cos amigos e familia. Pero moitos dos brotes están xurdindo aquí, por iso as autoridades piden sentido común e responsabilidade individual.