CRTVG

Buscar

A Policía Nacional cuantifica 17 axentes contaxiados en Galicia

Publicado o 31/03/2020 12:36
A Policía Nacional cuantifica 17 axentes contaxiados en Galicia

Un total de 17 axentes da Policía Nacional en Galicia deron positivo en coronavirus, e dous deles permanecen hospitalizados no CHUAC, segundo informa o Sindicato Unificado de Policía.

A maior parte dos policías contaxiados, ata un total de nove, prestan servizo na Comisaría da Coruña, entre eles os dous hospitalizados.

O resto repártense nas comisarías de Vigo, Viveiro, Ribeira, Pontevedra, Ourense e Salvaterra.

O cadro de persoal da Policía Nacional en Galicia é duns 2.600 axentes.