CRTVG

Buscar

A Policía Nacional de Vigo usa drons nos controis perimetrais

Publicado o 06/02/2021 14:24

Control na AP-9 por terra e por aire, desde o clásico helicóptero, pero tamén con dous drons dos que os axentes gravaron estas imaxes. Tamén controlaron os accesos e as saídas ao Val Miñor e o contorno dos centros comerciais que hoxe xa están pechados.

É xa unha rutina de cada fin de semana para controlar que se están a cumprir os peches perimetrais e as límitacións nos establecementos. Os axentes pediron salvocondutos ou carnés de identidade aos desprazados fóra dos seus concellos.

Houbo persoas que tiveron que dar a volta e tamén se puxeron algunhas sancións
Cos controis e as restricións, os movementos polos accesos ás cidades grandes son escasísimos nestas xornadas de fin de semana cos concellos perimetrados.

 

Noticias web

06/02/2021