A policía multiplica as intervencións a causa da vulneración do toque de queda
Así acababa unha xuntanza xuvenil en Palleja, Barcelona, esta fin de semana. Os Mossos d'Escuadra interviñeron para disolver un grupo duns 60 mozos que acurralaron e agrediron unha patrulla. Os incidentes acabaron con catro detidos, dous deles menores.
E non foi o único incidente en Cataluña. En Matadepera dous policías locais feríronse cando acudiron a unha casa onde había unha festa. Tamén festexaban as 20 persoas sancionadas por celebrar un aniversario nun albergue municipal en Xirona.
En Madrid tamén se realizaro numerosas actuacións das policías Local e Nacional para facer cumprir as normas contra a pandemia.
Só o sábado interviñeron en 133 festas. A máis multitudinaria, esta que se celebraba nunha discoteca con máis dun cento de asistentes. Noutras 3 xuntanzas había 86, 61 e 44 persoas, sen máscara.
No País Vasco a Ertzaintza informou de botellóns, festas ilegais e desordes públicas. As máis graves foron as de Mungia, pero tamén houbo disturbios en San Sebastián e nun aparacadoiro de Irún. En total producíronse 18 detencións e impuxéronse 735 sancións.