CRTVG

Buscar

Son xa seis os detidos polo asasinato do presidente de Haití, con catro sospeitosos abatidos

Publicado o 08/07/2021 18:59
Son xa seis os detidos polo asasinato do presidente de Haití, con catro sospeitosos abatidos

A Policía Nacional de Haití informou este xoves de que ata o de agora arrestou a seis persoas pola súa suposta implicación no asasinato do presidente Jovenel Moise e que outros catro foron abatidos. "Temos aos autores físicos (do magnicidio) e buscamos aos intelectuais", dixo o director xeral da Policía nunha declaración televisada xunto ao primeiro ministro interino, Claude Joseph. 

Haití leva en estado de sitio desde onte, cando se confirmou o asasinato do presidente nun asalto á súa residencia. O cadáver presentaba polo menos 12 feridas de bala de gran calibre. A ONU confirmou que pediron axuda na investigación. 

Noticias web

08/07/2021