A Policía Local de Santiago disolve concentracións á hora do peche das discotecas
Publicado o 08/10/2021 08:56

Nova madrugada de aglomeracións e ruídos nas zonas do ocio nocturno de Santiago. Longas ringleiras de mozos xa ateigaban as rúas para entrar nas discotecas dende primeira hora da noite nos puntos quentes da República Arxentina, Alfredo Brañas ou Curros Enríquez.
Á hora do peche non houbo incidentes graves nin altercados, pero a Policía Local tivo que volver actuar, como case todas as noites. De novo as patrullas do corpo de seguridade municipal tiveron que intervir para disolver grupos de ata 400 persoas concentrados na vía pública.