Deteñen un home en Vigo acusado de ameazar cunha navalla a súa exparella
Publicado o 28/09/2021 13:42

En Vigo, un home de 58 anos foi detido pola Policía Local por ameazar supostamente cunha navalla a súa exparella e deixala pechada na súa propia casa. Ocorreu na rúa Fonte Escura.
Foi a vítima a que alertou as forzas de seguridade. A muller afirmou que non era a primeira vez que a maltrataba, pero que desta vez a intimidara cunha arma branca.
O home fuxiu do lugar deixándoa pechada no interior do piso e foi arrestado pouco despois nun bar do centro da cidade.