CRTVG

Buscar

A Policía Local detén en Ourense un home que saltou o confinamento e rebelouse contra os axentes

Publicado o 05/04/2020 20:18

A Policía Local detivo en Ourense un home que, ademais de saltar o confinamento, rebelouse contra os axentes. Nun estado moi alterado, o home, de 46 anos, escupiu os axentes e ameazounos. Xa o detiveran antes, noutra rúa do centro da cidade, por circular de forma temeraria. Requisáronlle unha machada e unha maza de grandes dimensións que levaba no vehículo, unha furgoneta que conducía sen carné. Finalmente, reducírono entre varios axentes e quedou detido.

 

Noticias web

05/04/2020