CRTVG

Buscar

A Policía Local desaloxa un local de ocio nocturno en Lugo

Publicado o 07/10/2021 14:58

Nunha rúa da zona histórica de Lugo situada nun dos laterais da Catedral e pola que transcorre o Camiño Primitivo, foi a orixe do problema e varias chamadas de veciños queixándose do que alí pasaba puxeron os axentes en alerta.

"Na sala do 092 recibíronse queixas dos veciños da rúa Catedral alertando de que saía moita xente dun establecemento e que había moito ruído", sinala a Eva Real, Policía Local de Lugo.

Cando chegaron os axentes comprobaron que se escoitaba moito ruído dende a vía pública e que procedía do interior dun local de ocio nocturno que mesmo tiña as portas abertas. Os axentes identificaron o responsable e desaloxaron o local e ao realizar a inspección do establecemento detectaron que o equipo de música carecía de sonógrago. Ademais comprobaron outras irregularidades, non había os carteis sobre os niveis de ocupación permitidos e superaba en máis dunha hora o horario de peche.

"Comprobaron que non dispoñía de sonógrafo e que non tiña visible a cartelería establecida pola Xunta por mor da Covid. O establecemento tiña que permanecer pechado ás 3 da mañá e cando foron os compañeiros xa eran as 4", sinala a Eva Real, Policía Local de Lugo.

A Policía Local levantou actas de denuncia por incumprir a normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas e tamén por infrinxir a Lei de Saúde de Galicia.

Noticias web

07/10/2021