CRTVG

Buscar

A Policía Local de Vigo multou once vehículos do seu propio parque móbil por circular sen a ITV

Publicado o 17/11/2020 15:59

Os ánimos están quentes na Policía Local de Vigo, que onte multaba nove coches e dúas furgonetas do seu propio parque móbil.

Os axentes puxeron once multas aos seus própios vehículos por circular sen a ITV. Tomaron esta medida logo de denunciar que 14 dos seus coches teñen a revisión sen pasar dende o mes de outubro.

O problema é que malia os requirimentos, tiveron que seguir utilizando os coches para poder prestar o servizo nas rúas.

Dende a xefatura responsabilizan a empresa de renting contratada polo Concello para xestionar o parque móbil.

Os veciños pensan que os axentes deberían poder contar con vehículos revisados e en bo estado para poder facer o seu traballo.

Noticias web

17/11/2020