CRTVG

Buscar

A Policía Local de Vigo impuxo un cento de multas por incumprir o peche perimetral da cidade

Publicado o 17/01/2021 21:39

Axentes da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Local participaron nos dispositivos que se distribuíron por todo o país. Haberá que esperar a mañá para poder facer un balance detallado destes controis, pero para que se fagan unha idea queden cos datos de Vigo.

A Policía Local da cidade olívica impuxo un cento de sancións en 24 horas. Desde a mañá do sábado ata a mañá do domingo tramitáronse 99 multas por violar a normativa para combater a pandemia. 

Noticias web

17/01/2021