CRTVG

Buscar

A Policía Local de Teo estrea un dron con cámara térmica para apoiar nas súas intervencións

Publicado o 11/06/2021 14:33

Un dron é a nova ferramenta coa que xa está a traballar a Policía Local de Teo. Un vehículo aéreo non tripulado, multifuncional, imprescincible xa en moitas das súas intervencións.

"Vai permitir dar un visionado e acadar zonas que doutro xeito son inalcazable sen situación de risco, temas de segurdade cidadá, vixilancia", di Ignacio Orge, xefe da Policía Local de Teo.

O dron vai dotado da útima tecnoloxía e accesorios para poder empregalo en calquera situación. "É un dron moi lixeiro epro con moita tecnolxía. Unha cámara dual, que permite empregar a cámara de tipo térmico ou de visualización en 4K. E podenselle acoplar 3 disitvos, unas altofalantes, un foco de 20W de potencia", di Celso Castro, policía local de Teo e piloto do dron.

Un dispositivo que xa empregaron con éxito na recente desaparición dun veciño do concello.

"Os drons son o futuro. Unha ferramente deste tipo é para a labor polcial tanto de tipo preventivo como de socorro é fundamental", di Celso Castro, policía local de Teo e piloto do dron.

Un equipamento e formación coa que pretenden servir de apoio tamén ás actuacións doutros corpos e forzas de seguridade do Estado.

Noticias web

11/06/2021