CRTVG

Buscar

A Policía Local de Santiago reforza os controis para evitar aglomeracións tras o peche do ocio nocturno

Publicado o 07/09/2021 16:07

Esta fin de semana volveu repetirse unha imaxes xa vistas en xullo: aglomeracións con máis de 300 persoas no exterior dunha discoteca en Santiago que tivo que ser dipersadas pola Policía Local.

A Policía Local aumentará a vixilancia, sobre todo agora que os estudantes chegan á cidade co comezo do curso universitario. Por iso aumentarán os efectivos de patrulla, sobre todo os mércores e xoves de cada semana.

Un incremento de 12 a 20 policías para eses días e a fin de semana. Tamén piden a colaboración dos cidadáns para evitar que se leven a cabo festas privadas nos pisos e se poidan cumprir así todas as medidas establecidas para evitar os contaxios por Covid.

 

Noticias web

07/09/2021