CRTVG

Buscar

A Policía Local interveu en quince festas en pisos en Santiago

Publicado o 25/04/2021 15:22

En anos dedicada a hostalería Inés di que nunca vivira algo semallante. Agora teme volver correr a mesma sorte nalgún outro apartamento turístico. Alugoulle a casa por unha soa noite a unha parella.. Pola mañá a vivenda estaba literalemente desfeita.

"Chégaronos noticias que hai un grupo de WhastApp que circula en Santiago de que alugan apartamentos e despois venden entradas para facer festas ilegais. Claro que nos preocupa a todos os que nos dedicamos a isto non sabes a quen lle alugas", di a dona da casa.

Inés asegura que vai facer constar esta preocupación súa na denuncia que asinará ante a Policía Nacional en canto teña unha avaliación das perdas realizada por un perito. Calcula que andarán por uns 4.000 euros.

Asegura que coa pandemia e as restricións sanitariais, o perfil dos seus clientes mudou: "Moita xente reserva pois para tomar unhas copas ou para facer botellón. Nunca chegaron a haber danos desta maneira, pero si que é o cliente que notamos", di.

Na fin de semana, axentes da Policia Local acudiron a 15 pisos alertados polo ruído e a música.
E só na noite do sábado 21 persoas foron foron propostas para sanción por reunirse con máis non conviventes dos permitidos.

Noticias web

25/04/2021